III RUTA BTT DE RIANXO
- ossaltamontes
- 22 feb 2015
- 1 Min. de lectura

Hoxe 600 ciclistas déronse cita na parrilla de salida da III Ruta BTT de Rianxo onde había unha boa representación de Saltamontes, como xa ben sendo habitual, hoxe eramos 10. Así da gusto pedalear en grupo.
Dos 10 que foron, 3 fixeron a maratón de 70 km e os outros 7 a ruta de 45km, rematando todos eles sen ningún problema de consideración, felicitalos a todos polo gran esforzo realizado, aínda que non somos un club que se dedica a competir si que nos gusta rematar sempre o mellor posible.
Por outra parte felicitar a organización. Ruta de 10 compañeiros, para o ano ai estaremos de novo.
(iremos engadindo mais a medida que vaian saindo)
Comments