top of page

Ruta 15/02/2015

  • ossaltamontes
  • 15 feb 2015
  • 2 Min. de lectura

20150215_120605.jpg

Hoxe as 9.30 (pasadas) xuntámonos un bo numero de Saltamontes en Coroso, uns con intención de saír en carretera e outros por monte, aínda que o obxetivo principal de todos era asistir o minuto de silencio que se ia gardar na proba de trail que se celebrou esta maña na praia de Cabio.

Finalmente, por un error de horario (o minuto de silencio non era as 10 como pensabamos) os que fomos por monte decidimos partir en un principio en dirección a Portela, hasta que nos alcanzou o noso sherpa de hoxe, Juan.

En un principio a idea era facer unha ruta rodadora de aproximadamente uns 60Km, con inteción de entrenar algo de cara a marcha da próxima semana que nos teñen preparada os amigos da Peña Cicloturista Castro Barbudo en Rianxo, pero o resultado final foi unha ruta completamente diferente.

Entre uns que acababan de recuperarse dunha gripe, e que tiñamos invitados, decidimos facer unha ruta mais corta e mais suave, ou eso pensamos algúns, xa que en canto lle deixamos a Juan as riendas da ruta empezou a sobrarnos o chuvasquero a todos, e non por que deixara de chover!

Track 15.02.2015.png

Os primeiros 10 kilómetros da ruta foron llaneando por asfalto, hasta a praia de Cabio e despois hasta o polígono da tomada. A partir de ahi metémonos o monte, primeiro polos camiños paralelos a autovía, e despois subindo hacia o mirador da curotiña. Aínda que antes de chegar arriba collemos un desvío que nos levou a baixada de terra desde o mirador a moldes.

Unha vez en moldes fomos dirección o cámping, e apartires de ahi metémonos en térreno de Juan, e aínda que quixera, non sabria decirvos por donde continuamos. Na súa maioría trialeras, para arriba e para abaixo, non moi complicadas pero si con bastante pendiente, que a mais de un nos deixou sin aire.

Alternando entre tramos algo conocidos, e camiños completamente novos para a maioria, fomos chegar a Oleiros, donde collemos dirección Ribeira, aínda que non podiamos volver para a casa sen antes subir a San Alberto!


 
 
 

Comments


Entradas destacadas
Entradas Recientes
bottom of page